Nota de prensa: Asemblea Xeral Ordinaria 2021.

    Etiquetas:

    Na tarde do 31 de marzo de 2021, este Colexio Profesional celebrou no Hotel Exe da cidade da Coruña, a nosa Xunta Xeral Ordinaria, seguindo todos os protocolos de actuación para facer fronte ao Covid-19 e así garantir a máxima seguridade sanitaria a todos os participantes.

    Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio, saudou aos asistentes e deu inicio á Asemblea, cedendo a palabra ao Secretario Xeral, Miguel Ángel Domínguez Losada, que procedeu á lectura da acta e á presentación do borrador da memoria anual 2020, puntos que foron aprobados por unanimidade dos asistentes.

    Continuando coa Orde do Día, o Tesoureiro, Cándido Sanisidro López, presenta as contas do exercicio anterior, así como o orzamento para o ano 2021, que tamén son aprobados.

    Seguidamente, toma a palabra a Presidenta para expoñer os actos e o desenvolvemento do Colexio durante o exercicio 2020 e informar, así mesmo, da situación na que se atopan as xestións realizadas en prol dos intereses dos colexiados.

    Finaliza o acto coa intervención dalgún dos colexiados asistentes e o agradecemento por parte dos compoñentes da mesa presidencial.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a854c074823f48039bacae92c0de92d4.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].