Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 30 de outubro, celebrouse na Sede da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o solemne acto de Apertura do Curso Académico 2023-2024, ao que asistiu en representación desta Corporación, D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2.º da Xunta de Gobierno.
O acto foi inaugurado polo presidente desa Institución, D. José Luis Seoane Spiegelberg, posteriormente procedeuse á lectura da Memoria abreviada do Curso pasado polo secretario xeral, Miguel Angel Pérez Alvarez.
O discurso inaugural, a cargo de Miguel Angel Cadenas Sobreira, expresidente do TSXG versou sobre “A Igualdade: Norma e convicción democrática”.
[slide][/slide]