Etiquetas:
A Presidenta desta Corporación, Susana Soneira Lema, asistiu o pasado venres, día 15 de setembro ao acto de apertura do ano xudicial en Galicia, que se celebrou na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O acto foi presidido por D. José María Gómez e Diaz-Castroverde, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e asistiron entre outras autoridades o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o vicepresidente segundo e conselleiro de Xustiza, Diego Calvo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
[slide]


[/slide]