Categorías:
Etiquetas:
Durante a nosa Cea Anual de Confraternidade do venres 7 de novembro, vivimos un momento moi especial cun concerto sorpresa a cargo dun cuarteto de corda da Orquestra Sinfónica de Galicia, formado polos violinistas Fumika Yamamura e Ángel E. Sánchez, o violista Gabriel Bussi e a violonchelista Rosalía Vázquez.
A actuación, presentada por Juan Antonio Cuéllar Sáenz, xerente do Consorcio para a Promoción da Música, encheu a velada de arte e emoción. O cuarteto interpretou versións de temas icónicos de Queen, ABBA e Coldplay, sorprendendo e entusiasmando ao público ao combinar a elegancia da música clásica coa enerxía do pop e o rock máis universal.
Este evento enmárcase no acordo de colaboración entre o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e a Orquestra Sinfónica de Galicia, unha iniciativa que une o mundo xurídico e a música nun mesmo escenario, destacando a cultura como punto de encontro e celebración.
Lembra que, grazas a este convenio, os colexiados, os seus familiares de primeiro grao e empregados poderán gozar de descontos especiais en entradas e abonos para os concertos de tempada da OSG [ver convenio]
