Masterclass de D. Vicente M. Sempere Navarro no Master de Xurisdición Social

    Categorías:

    O pasado venres, 22 de marzo, na sede da Escola de Relacions Laborais, contamos coa visita, de D. Antonio V. Sempere Navarro, para dar unha Masterclass sobre os "Criterios Xurisprudenciais de Actualidade", aos alumnos do Máster Práctico en Xurisdición Social, en cuxa organización participa este Colexio Profesional e do que ademais forma parte activa.

    Estiveron presentes nesta exposición, Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e D. Jesús Vázquez Forno, Director da Fundación Escola de Relacións Laborais, entre outros.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=130e6cad66794b239b84a502607eb624.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2d89f05d794d42f0a94d4f58531733ca.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7b776374d3cc454f962984788c371303.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=817b562d26144bff9663e4ba3be28fc4.jpg[/slide]

    D. Vicente Antonio Sempere Navarro, nacido en 1955, é maxistrado do Tribunal Supremo desde 2014 é Catedrático de Dereito do Traballo nas Universidades de Oviedo (1986), Murcia (1988-2009) e Rey Juan Carlos (2009-2014), onde desempeñou, entre outros, os cargos de secretario, vicedecano, director de Escola Universitaria e vicerreitor.

    Exerceu como avogado laboralista entre 2007 e 2014, cando foi nomeado maxistrado da Sala Cuarta do Tribunal Supremo pola quenda reservada a xuristas de recoñecida competencia.

    Autor de máis de cen monografías e trescentos artigos técnicos, foi relator en numerosos foros e institucións e dirixiu máis de trinta teses doutorais. Foi vicepresidente da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e na actualidade é codirector da Revista Española de Dereito do Traballo e conselleiro de varias revistas.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].