Masterclass de Dª María E. Casas Baamonde no Máster de Xurisdición Social

    Categorías:

    O luns 1 de abril, na sede da Escola de Relacións Laborais da Coruña, levou a cabo outra gran  Masterclass, está vez a cargo de Dª María Emilia Casas Baamonde, sobre "A Constitución Española e as Relacións Laborais". Sen dúbida unha tarde especial para os alumnos do Máster Práctico en Xurisdición Social, en cuxa organización participa este Colexio Profesional e do que ademais forma parte activa.

    Estiveron presentes nesta exposición, D. Jesús Vázquez Forno, Director da Fundación Escola de Relacións Laborais, D. Carlos  Domenech de  Aspe, Presidente do Padroado da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais, D. Demetrio Fernández López, Director Territorial de Inspección de Traballo de Galicia, D. Jesús Federico Martínez  Girón, Catedrático da Universidade da Coruña, D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo e Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, entre outros.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c56d89d64f47488584f064cb4dc34531.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=4fc3d04b75c2449abce4e775116c7d9e.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=064632bf83c44bb991908430a646ab45.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=efd590037109400bbb2b2c1a8b850a79.jpg[/slide]

    Dª María Emilia Casas Baamonde, naceu en León en 1950. Foi a primeira muller Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social do país. En 1998 ingresou no Tribunal Constitucional sendo o membro máis novo ingresado na historia da institución. En 2004 foi a primeira muller en presidir o Tribunal Constitucional de España (2004-2011). Durante a súa presidencia rexistráronse avances en dereito antidiscriminatorio e igualdade. Na actualidade exerce de Catedrática da Universidade Complutense de Madrid.

    Ademais do seu dilatado curriculum, podemos destacar a súa experiencia en relacións laborais. As relacións laborais, foron un elemento crave na súa carreira profesional participando en diversos seminarios internacionais e impartindo conferencias sobre o tema. Ocupou a cátedra de Dereito do Traballo e da Seguridade Social en España, e impartiu clases no Máster en Xestión de Riscos Laborais da Universidade de Salamanca.

    En 1998, pouco antes de converterse en vogal do Tribunal Constitucional a petición do goberno, formou parte do grupo de expertos en normativa laboral encargados de elaborar a lei reguladora do traballo a tempo parcial estable. 

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].