Categorías:
A vogal exercente da Xunta de Gobierno do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Maite López, protagoniza unha entrevista publicada este 15 de setembro en La Voz de Galicia, na que reivindica o papel da nosa profesión e a necesidade de seguir dando visibilidade a un labor cunha ampla traxectoria.
Con 37 anos de experiencia, Maite López pon en valor o traballo que desenvolvemos no ámbito do Dereito do Traballo e a Seguridade Social, así como o noso papel no asesoramento e a defensa de traballadores e empresas.
A entrevista aborda tamén algunhas das principais reivindicacións da nosa profesión, entre elas o recoñecemento do dereito para participar na quenda de oficio dentro da xustiza social gratuíta.
Desde o Colexio agradecemos a La Voz de Galicia o espazo dedicado a achegar á sociedade o desempeño e a realidade dos Graduados Sociais.
Consultar a entrevista completa en La Voz de Galicia
