Categorías:
Parabén ao maxistrado José Fernando Lousada Arochena
O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense felicita publicamente ao maxistrado do Social do TSXG, José Fernando Lousada Arochena, por recibir a Mención de Honra á Xustiza outorgada polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España no marco dos Premios ao Mérito Social.
A entrega realizarase o 12 de decembro no Senado, nun acto solemne que contará coa presenza de representantes institucionais, autoridades do ámbito xurídico e laboral, e membros dos Colexios de Graduados Sociais de toda España.
Un referente en dereito laboral
Desde a Xunta de Goberno do Colexio destacan que Lousada Arochena é un referente imprescindible e próximo para a entidade: “Sempre atopamos nel colaboración nas nosas propostas formativas, asesoramento e proximidade”.
Maxistrado e graduado social, marcou xurisprudencia en diversas materias laborais e sociais. Entre os seus fitos destacan:
- Primeiras sentenzas sobre indemnización por acoso sexual no traballo (1993-1994).
- Cuestións prejudiciales ante o Tribunal de Xustiza da UE, sobre risco durante a lactación natural.
- Sentenzas que impulsaron cambios legais e doctrinales en materias como: axuizamento con perspectiva de xénero, discriminación por maternidade ou discapacidade, dereitos de conciliación, control empresarial, cláusulas de rescisión en contratos deportivos, e dereitos laborais en concursos de acredores.
Recoñecemento a talento emerxente
A Xunta Directiva tamén felicita a María Otero Canabal, estudante de Relacións Laborais da USC, pola súa TFG titulado “A relación laboral especial do servizo do fogar familiar: unha análise xurídica desde a perspectiva da prevención de riscos laborais”, gañador do Premio de Excelencia 2024 da Fundación Xustiza Social.
A entrega do premio celebrouse o 27 de novembro en Madrid, na sede da Fundación Xustiza Social.

