Categorías:
Participacións da Lotería de Nadal 2026
Un ano máis, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense pon ao dispor de todas as persoas interesadas participacións para o Sorteo Extraordinario de Nadal 2026 da Lotería Nacional.
Nesta ocasión, o número do Colexio é o 67981, con participacións de 5,00 € (sen recargo)
A adquisición destas participacións é tamén unha forma de contribuír á difusión e posta en valor da nosa profesión, xa que no reverso se recolle información sobre as principais funcións que desenvolven os Graduados Sociais.
¿Como adquirir as participacións?
- Presencialmente, na Secretaría do Colexio [Rúa Monforte, 12 Baixo (15007) A Coruña]
- Por correo postal certificado, para compras mínimas de 20 € (4 participacións).
Forma de pago:
Efectivo ou mediante transferencia bancaria á conta: IBAN: ES45 2080 3105 9930 4003 4694 (ABANCA)
En caso de realizar o pago mediante transferencia, deberá enviarse o xustificante a colegio@graduadossociales.org, indicando nome e apelidos e o concepto “Lotería”.
O prazo para adquirir participacións finaliza o 11 de decembro de 2026.

