Categorías:
Como cada ano por estas datas, desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense poñemos á túa disposición participacións de 5,00€ para o Sorteo de Nadal 2025 da Lotería Nacional. Este ano xogamos co número 32802.
Coa compra destas participacións contribúes a dar visibilidade á profesión dos Graduados Sociais, xa que no reverso de cada unha inclúese un breve resumo das nosas funcións profesionais.
E quen sabe… talvez o destino téñanos gardada unha sorpresa neste ano do Centenario da Profesión. Poida que sexa o momento de que nos toque a lotería! Polo si ou polo non, non te quedes sen a túa.
Como adquirir as túas participacións:
• Presencialmente na secretaría do Colexio.
• Envío por correo postal certificado: Só dispoñible para compras mínimas de 20€ (4 participacións).
Forma de pago: Efectivo ou transferencia bancaria á conta: ES45 2080 3105 9930 4003 4694 (ABANCA)
En caso de transferencia, envía o xustificante a colegio@graduadossociales.org, indicando o teu nome e apelidos e o concepto: “Lotería”.
Lembra: o prazo para adquirir participacións finaliza o 10 de decembro de 2025.

