Categorías:
O Colexio ten á túa disposición participacións de 5,00€ do número 74640, do sorteo de Nadal de 2023 da Lotería Nacional, nas que no seu reverso e como vén sendo habitual, figura un pequeno resumo das nosas funcións profesionais, co fin de dar a coñecer os servizos que prestan os Graduados Sociais. Solicitamos a túa participación neste obxectivo.
O pago poderás realizalo en efectivo, por xiro postal ou transferencia a cónta núm. ES45 2080 3105 9930 4003 4694 de ABANCA. Neste último caso, deberás enviar unha copia do resgardo da transferencia, por correo electrónico (colegio@graduadossociales.org), no que figurará o nome e os apelidos do Graduado Social, e como concepto “lotería”.
O luns, día 11 de decembro de 2023, finalizará o prazo para adquirir participacións.