Os Graduados Sociais de Madrid celebran o seu 70º aniversario

    Categorías:

    O presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, asistiu o pasado venres 23 de outubro á celebración do 70.*º aniversario do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Madrid, atendendo á invitación da súa presidenta, Teresa Silleras Martínez.

    O acto, celebrado no hotel Mandarin Oriental Ritz de Madrid, reuniu a representantes da profesión e do ámbito institucional para conmemorar os 70 anos de traxectoria do Colexio. Entre os asistentes atopábase tamén o presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, Joaquín Merchán Bermejo.

    A xornada concluíu cunha cea institucional durante a que se entregaron diversas distincións. A Cruz Prol-Xustiza Social recaeu na Consellaría de Presidencia, Xustiza e Administración Local da Comunidad de Madrid, en recoñecemento á súa actuación tras o incendio da Sierra Oeste do pasado verán. Así mesmo, Yolanda Cano recibiu o nomeamento de "Embaixadora da profesión"; Mamás en Acción, a cuarta edición do "Premio Diké", e Juan Suanzes, socio director de CRHEO Recursos Humanos, o "Premio ExpeRHta 2026".

    Desde a nosa corporación colexial, agradecemos a invitación e felicitamos ao Colexio de Graduados Sociais de Madrid por este aniversario, trasladándolle os nosos mellores desexos para o futuro.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=8cb27fdb8d3246b0b01cf5787a7b498c.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ddce636bcd664d8ebb5b88aee8925cff.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=750d58a09949444bb49ebe976f98cdb8.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ae5153099ba34b0186272c1645400a9e.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6d13e158e81540758e5c5e2cb3e57726.png[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.