Os Graduados Sociais compartimos unha noite de confraternidade

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado venres, 6 de novembro, celebramos a nosa tradicional Cea de Confraternidade no Pazo de Vilaboa, en Culleredo, que reuniu a máis dun centenar de persoas entre colexiados, acompañantes, autoridades e invitados.

    Unha ocasión para compartir unha noite diferente, afastados por unhas horas da actividade profesional, e desfrutar da compañía de quen forma parte do noso Colexio.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=77700cb3f4e34c8e8374c9aa54e73781.jpg

    Recoñecemento a 25 e 50 anos de colexiación

    A celebración deu comezo co acto institucional, no que o noso secretario, Celestino Vieites Sánchez, deu lectura á acta dos acordos de la Junta de Gobierno relativos á concesión dos recoñecementos por anos de colexiación. A continuación, o noso presidente, José Lage Cerviño, inaugurou o acto e agradeceu a presenza de todos os asistentes.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=044a1d2fed0a4f2fbf03b56d7350a8eb.jpg

    Un dos momentos centrais foi a entrega das figuras conmemorativas. O recoñecemento polos seus 50 anos de colexiación foi entregado a Eduardo Ramón Pardo polo presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Luis de Castro Mejuto, invitado polo noso presidente para participar hoxe por hoxe tan especial.

    Pola súa banda, os vicepresidentes primeiro e segunda do Colexio, David Doldán Palacios e Noelia Tomé Martínez, respectivamente, fixeron entrega dos recoñecementos correspondentes a 25 anos de colexiación a Miguel Ángel Fernández Pereiro e Alberto José García Vilaboy.

    A nosa felicitación aos tres colexiados por estes importantes fitos na súa traxectoria profesional.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fdf968e3dbf7474c8374e8f6e724872f.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a17c9f2649164614bee1d8eadb7ff949.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=34e2b15359a04956a920a96abc9cf42c.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=64174a971fea4a4993e62aa54dda721a.jpg[/slide]

    A Orquestra Sinfónica de Galicia puxo a nota musical á celebración

    Tras a cea, os asistentes puideron desfrutar dun miniconcierto a cargo dun sexteto da Orquestra Sinfónica de Galicia, un dos momentos máis especiais da noite.

    Antes de comezar a actuación, o xerente do Consorcio para a Promoción da Música, Juan Antonio Cuéllar, presentou aos seis integrantes da formación: Juan Ferrer, Regina Laza, Ludwig Dürichen, Luigi Mazzucato, Raúl Mirás e Todd Williamson.

    A interpretación do sexteto achegou un toque de distinción á celebración e converteu este momento musical nun dos atractivos da noite.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6076ffcb611c4c3a94bffacfb452ec84.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=095e4993ea3b4a3f9e738d49a99257fe.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d252ea2b292e4a2ab7cd0fa46841a827.jpg[/slide]

    A continuación, tivo lugar o sorteo de agasallos cedidos polas nosas empresas colaboradoras: Banco Santander, MVP Asesores-NectoDigital, Prodasva, TAG Formación, Grupo LAE y Global Finanz. A música e o baile puxeron o broche final á noite, que se prolongou ata a madrugada.

    Desde a nosa corporación queremos agradecer a todos os colexiados, acompañantes, autoridades e invitados a súa asistencia, así como á Orquestra Sinfónica de Galicia e ás empresas colaboradoras pola súa contribución a esta nova edición da nosa Cea de Confraternidade.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f2629950e6f540a785edd9dad47c6f65.jpg

    A celebración, nos medios de comunicación

    A nosa Cea de Confraternidade tamén tivo repercusión nos medios de comunicación. Tanto La Voz de Galicia como A Opinión da Coruña fixéronse eco da nosa celebración. 

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.