A Raiña Dona Sofía, no acto do centenario da IBS Padre Rubinos

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do día 19 de abril de 2018, celebrouse o acto principal do Centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, baixo a presidencia da súa Maxestade a Raiña Dona Sofía. A tan destacado evento asistiron, convidados polo Presidente da Institución, unha representación do Colexio de Oficial Graduados Sociais da Coruña e Ourense formada por Dª Susana Soneira Lema e D. José Ramón Lage Cerviño, Presidenta e Vicesecretario-Coordinador da Comisión de Relacións Públicas, así como diversas Autoridades Civís e Militares da Provincia e unha ampla representación da vida social Coruñesa. 

    Tras un discurso de presentación que correu a cargo do Presidente da Institución D. Eduardo Acea García, tomaron a palabra en calidade de membros do Comité de Honra do Centenario D.  Xulio Ferreiro Baamonde, Alcalde do Concello da Coruña; D. Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia e o Abad da Colexiata, Pai José  María Fuciños que, en nome da súa Santidade o Papa Francisco, fixo entrega da Bendición  Apostólica á citada Institución. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0fcb513e3b034fa998cea52eb4802e64.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3ea20711875b475ca4e9daf702941e92.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9489b0ebcbbb4eaf9e6b786b1d954f6b.jpg[/slide]

    Despois da proxección dun vídeo, no que se recolle a actividade diaria do centro, finalízase o acto coa interpretación, do que vai ser desde hoxe o himno oficial da Institución, pola  eurovisiva cantante Lucía Pérez e acompañada da Real Banda de Gaitas de Ourense. 

    A Presidenta e Vicesecretario deste Colexio, aproveitaron a ocasión para falar tanto co Presidente da Institución, ao que agradeceron a deferencia pola invitación, así como co Delegado do Goberno, Presidente da Xunta de Galicia e o Alcalde da nosa cidade entre outras autoridades, para deixar de manifesto a participación do noso colectivo nun acto de marcado espírito social e colaborador coas persoas maiores e cos máis desfavorecidos.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6c152aed3b59476cb387139e374d9a4f.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fa9f118007564be38e1f4bab5e0f4bba.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=face834ae5d04f998d70a246e4910773.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].