A ONCE dedica o seu cupón do 17 de agosto ao centenario do Graduado Social

    Categorías: Etiquetas:

    Madrid, 4 de xullo de 2025. A figura do Graduado Social nace oficialmente o 17 de agosto de 1925, coa publicación do Real Decreto que deu orixe ás Escolas Sociais e sentou os primeiros cimentos da Xustiza Social en España. Para conmemorar este centenario, a ONCE dedicará o seu cupón do domingo 17 de agosto a esta celebración, difundindo o aniversario por todo o país con 5,5 millóns de cupóns, baixo o lema: “Construíndo o futuro das relacións laborais”.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f46d781df6d7492ea33b35798e9e1dab.jpg

    O vicepresidente de Coordinación Institucional, Solidariedade e Relacións Externas do Grupo Social ONCE, Alberto Durán, fixo entrega dunha copia enmarcada do cupón conmemorativo ao presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, Joaquín Merchán Bermejo, durante unha xornada organizada polos nosos compañeiros do Colexio de Madrid, con motivo do Centenario das Escolas Sociais. Ao devandito acto asistiu por streaming o presidente do noso Colexio, José Lage Cerviño.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2da583f5232944379eaf39f3839ab7ee.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].