Xura de Colexiados e Cea de Confraternidade 2018

    Etiquetas:

    O venres 23 de novembro de 2018, celebrouse no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o noso Acto de Xura ou Promesa dos novos colexiados incorporados a este Colexio.

    O acto estivo presidido polo Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, o Presidente da Sala do social, o Excmo. Sr. D. Antonio J. Outeiriño Fuente, e a Presidenta do Colexio, a Excma. Sra. Dª Susana Soneira Lema.

    Iniciase o acto coa benvida do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que inmediatamente cedeu a palabra á Presidenta do Colexio, para comezar cos chamamentos aos colexiados que xuraron e aos seus respectivos padriños.

    Ilmo. Sr. D. Anxo Vázquez Rodríguez, Presidente de Honra deste Colexio, foi o padriño de xura de: 

    • Dª Laura Baldomir Candal
    • Dª Laura López Varela

    D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º do Colexio, foi padriño de xura de: 

    • Dª Silvia Branco Fraga
    • Dª Sandra Meizoso Mazás

    Ilmo. Sr. D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, foi o padriño de xura de: 

    • Dª Adela Fernández Rodríguez
    • Dª Carmen Rodríguez Carbajales

    Ilmo. Sr. D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, foi padriño de xura de: 

    • D.  Eloy García Ordoñez
    • Dª Patricia Veiga Miño

    Unha vez finalizado o acto de Xura/Promesa dos colexiados, intervén a Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira, cunha breve disertación e clausura o acto o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dedicando unhas afectuosas palabras a todo o colectivo e aos asistentes. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=08c76e8b2b3b4bf9bedc746e983c72b6.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9665da3d8b8e40ac89f382dc368d8aaa.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=dba8a8a22e264574aade27f9e4f90d02.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c16baa2d1e814a65b5b7003e01d78d46.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bc048f6488604212a4a5f48ab74d9046.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f66d681ebf054602badaabb07bc19fe3.jpg[/slide]

    Posteriormente, trasladámonos todos ao NH Collection A Coruña Finisterre, onde se celebrou nosa xa tradicional Cea de Confraternidade.

    Comezaron os actos, coa entrega das diferentes distincións segundo acordos adoptados en Xunta de Goberno, participando da mesma, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio e D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º. 

    Entrega das insignias profesionais aos novos colexiados:

    • Dª Laura Baldomir Candal
    • Dª Silvia Branco Fraga
    • D.  Eloy García Ordóñez
    • Dª María del Carmen Salgado Temes

    Entrega das distincións aos Graduados Sociais con máis de 25 anos de colegiación:

    • Dª Isabel Yolanda Díaz-Rincón Cotelo
    • D. Félix Carro Carro
    • D. José Enrique Orizales Prieto

    Entrega da figura institucional ao noso compañeiro D. José Manuel Centoira Freire, en agradecemento polo agarimo demostrado á nosa profesión desde a Unidade de Atención ao Usuario do Sistema REDE da Coruña.

    Entrega da figura institucional á Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, como motivo do seu nomeamento como "Colexiado de Honra"; recolleu o galardón D. Eduardo Aceña García, Presidente da Institución.

    Entrega da “Medalla de Ouro ao Mérito Colexial” do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, concedida a título póstumo, e da figura Institucional do Colexio, en recoñecemento ao seu compañeirismo, dedicación e entrega ao Colexio, a D. Juan Emilio Fariza Pérez, (Ex Vicepresidente do Colexio); recolleu os galardóns, Dª Carmen Curral Calvo, viúva do noso compañeiro.

    Posteriormente, a nosa Presidenta, procedeu a clausúraa dos actos programados cun emotivo discurso, onde ademais agradeceu a asistencia a todas as autoridades, colexiados e acompañantes.

    Unha vez finalizado o ágape, e durante o servizo do café, gozamos dun sorprendente espectáculo de maxia en directo cun profesional do ilusionismo, que sen dúbida profeso experiencias que fascinaron aos presentes.

    Nun ambiente xa moi distendido, procedeuse ao sorteo dos obsequios doados polas distintas empresas colaboradoras, e deuse comezo a un animado baile amenizado por  Disc- jockey.

    * Proximamente, poñeremos á túa disposición unha reportaxe fotográfica dos dous actos celebrados.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f7b6b8e2c42d46b680107757b8aa6b15.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=13bccf537eba411aa749a2abc9bc1067.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=01fd6a5549b148a8aa96b9d4ad4b649b.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7933ba5de1cb4ed9b7158a89b4098b00.png[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].