Xura de Colexiados e Cea de Confraternidade 2017

    Categorías: Etiquetas:

    Pica aquí para ver fotos de Xúra e Cea

    O pasado día 10 de novembro celebráronse os actos de Xura ou promesa de colexiados así como a posterior Cea de Confraternidade que este ano se celebrou no Hotel Finisterre.

    Ás 18:00 horas na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, comezou o acto de Xura dos colexiados incorporados recentemente.

    O Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, declara aberto o acto e concede a palabra ao Excmo. Sr. D. Francisco Javier San Martín Rodríguez, Presidente do Consello Xeral que dedica unhas palabras de benvida a todos os asistentes; a continuación toma a palabra a Ilma. Sra. Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación que comeza cos chamamentos aos colexiados que xuran e aos seus respectivos padriños.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a3260a9045e04010b5f73cef16d71fc4.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9709720724b34c86a0badf1800ab8013.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a310d3caa51f499bafcfdfcc057b1acc.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1f740803fda84c579316a816ab27fc2c.JPG[/slide]

    D. Ángel Vázquez Rodríguez apadriñou aos seguintes colexiados:

    • D. Manuel Mariñas Castro 
    • D. José María Losada López
    • Dª Mª José Neira Souto
    • D. José Antonio Presedo Miranda
    • Dª Noelia Tomé Pardo

     D. Germán Prieto-Puga Somoza apadriñou aos seguintes colexiados:

    • D. José Manuel Loureiro Cotelo
    • Dª Irene Mª Rodríguez Arán
    • Dª Mª Carmen Salgado Temes
    • D. Francisco de Borja García Seisdedos
    • D. David López-Riobóo Ansorena

    D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, foi o padriño dos seguintes colexiados:

    • Dª Aurora Arijón García
    • Dª Mª Luisa Espiñeira Fandiño
    • D. Miguel Angel Domínguez Losada
    • Dª Ana Mª Arias Prado

    E finalmente D. Raul Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, apadriñou aos seguintes colexiados:

    • D. Juan Martínez García
    • Dª Jesusa Liste Ferreiro
    • D. José Carlos Bouza Fernández
    • D. Marcos Antonio Gato Mosquera

    Intervén a Presidenta, nese momento co discurso de despedida, e a continuación o Presidente do Consello Xeral. Clausura o acto o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=86a7508085ac4a12aee79c438a716014.jpg

    Posteriormente, trasladámonos todos ao Hotel Finisterre, onde se celebro a tradicional Cea de Confraternidade; Comezan os actos, coa entrega das insignias profesionais aos novos colexiados, segundo acordo da Xunta de Goberno do 30 de maio de 2017, sendo galardoados os seguintes:

    • Jose Carlos Bouza Fernández
    • Marcos Antonio Gato Mosquera
    • Diego Lestón Roibás
    • Jose Manuel Loureiro Cotelo
    • Juan Martínez García
    • Mª José Neira Souto
    • Jose Antonio Presedo Miranda
    • Noelia Tomé Martínez

    Posteriormente, faise entrega das distincións aos Graduados Sociais con máis de 25 anos de colegiación, que este ano como novidade, consistiu nunha figura conmemorativa. Os agraciados foron:

    • Francisco Luis Caamaño Rama
    • Eugenio A. Chinchilla Vázquez
    • Isabel Yolanda Díaz-Rincón Cotelo
    • Miguel Ángel Domínguez Losada
    • Encarnación Fuentes Ures
    • Manuel Mariñas Castro
    • Javier Mosquera Zas
    • María Luz Noya Ríos
    • Carmen Prego Candal
    • Cándido Sanisidro López
    • Alejandra Teijo Temprano

    Entregan as distincións, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio e D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º, e dado que este ano, unha das galardoadas era Dª Susana Soneira, a nosa Presidenta, ela recibiuna de mans do Presidente do Consello Xeral, procedendo a continuación a agradecer a asistencia a todos os colexiados, acompañantes e autoridades. Clausura o acto de entrega de distincións o xa mencionado Presidente do Consello Xeral, D. Francisco Javier San Martín Rodríguez.

    Unha vez finalizado o ágape, e durante o servizo do café, gozamos dunha representación teatralizada do esconxuro da Queimada, que, sen dúbida, foi un dos momentos máis máxicos da velada

    Nun ambiente xa moi distendido, procedeuse ao sorteo dos obsequios doados polas distintas empresas colaboradoras, e deuse comezo a un animado baile amenizado por unha fantástica DJ.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d89e798bf62f4be9bd6d4729e2fb1a7f.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=116c3b2f453e4e9eb8aa988e8c5cdb7e.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=154b281ad2b14b2d8c12286730efbe44.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=26da15a193f84bce82961e6118621069.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].