Categorías:
[slide]
[/slide]
O pasado día 29 de febreiro celebrouse no Salón de Actos do Colexio, unha xornada sobre "As novidades en materia laboral e de Seguridade Social"
A conferencia foi presentada por D. José Mª Santiago García, responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que estivo acompañado por D. José Luis Sánchez Gogliormella, Director Territorial de Umivale na Coruña, entidade que colaborou na organización do curso.
Os relatores foron D. Antonio Iglesias Vázquez e Dª Catarina Capeáns Amenedo, ambos os Avogados en Exercicio da Profesión que contestaron as numerosas cuestións expostas polos asistentes, tanto presenciais como os que seguían a conferencia via streaming.
Ao finalizar o acto serviuse un aperitivo a todos os asistentes.