"Xornadas de Acollida 2017-18" da Escola de Relacións Laborais da Coruña

    Categorías: Etiquetas:

    Despois do período estival, a Escola de Relacións Laborais retomou a súa actividade lectiva, coa celebración das xa tradicionais "Xornadas de Acollida", que este ano 2017 transcorreron durante os días 11 e a mañá do 12 de setembro.

    Na quenda de tarde do luns 11 de setembro, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, atendendo á invitación do Director da Escola, D. Jesús Vázquez Forno, asistiu ao acto de presentación dos alumnos de 3º e 4º Curso, onde na súa intervención resaltou a representación institucional e beneficios que achega o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, aos alumnos recentemente graduados, para concluír cun repaso ás saídas profesionais que ofrece a titulación.

    Posteriormente, celebrouse unha charla sobre "iniciación ao coaching", e o seu impacto no ámbito empresarial.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b2ea6b7e62904dee9a50b4913dd54414.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].