"Xornadas de Acollida 2016-17" da Escola de Relacións Laborais da Coruña

    Categorías: Etiquetas:

    Xa nas portas do inicio da actividade lectiva, a Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, celebra durante os días 5 e 6 de setembro as "Xornadas de Acollida 2016-2017", para o seu alumnado.

    Durante a tarde do luns 5 de setembro, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, atendendo á invitación do Director da Escola, D. Jesús Vázquez Forno, asistiu ao acto onde destacou que "temos unha carreira moi especializada e somos os grandes especialistas no ámbito laboral", ademais de resaltar  a representación institucional e beneficios que achega o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, aos alumnos recentemente graduados.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=24d5021f84c345eea3676988e7d12ae0.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f641d8b9974d480d8b2232f0dda39633.jpg[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.