VI Edición do Máster Práctico de Xurisdición Social

    Categorías:

    Dentro do marco de colaboración entre a Escola de Relacións Laborais da Coruña e o Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, presentan o "VI Máster Práctico de Xurisdición Social".

    O obxectivo do Máster é ofrecer estudos e práctica de Dereito laboral, orientados á investigación xurídica e á actualización de coñecementos nos ámbitos máis relevantes e innovadores relacionados coa xurisdición social. Neste sentido, diríxese a diferentes categorías de profesionais: graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, graduados en Dereito, profesionais que na actualidade están a exercer como Graduados Sociais e, en xeral, aquelas persoas que queiran especializarse en disciplinas relacionadas co mundo xurídico laboral.

    Dirixido a:

    • Graduados/as en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
    • Graduados/as Sociais.
    • Graduados/as en Dereito.
    • Diplomados/as en Relacións Laborais.
    • Licenciados/as en Dereito.
    • Licenciados/as en Ciencias do Traballo.
    • Terase en consideración ao alumnado ao que lle reste como máximo 2 materias para concluír o grao.

    Carácter: Título privado.

    Modalidade: Realizarase en modalidade presencial e Online.

    Datas: do 22 de outubro de 2021 ao 30 de xuño de 2022 (300 horas).

    Horarios: venres de 16:00 a 21:00 horas e sábados de 9:00 a 14:00 horas.

    Data inicio: Febreiro 2022.

    Data fin: Julio 2022.

    Prezo: 3.250 €

    Facilidades de pago: Si

    Descontos na Matrícula:

    • Desconto do 5% do importe de matrícula ata o 30 de decembro de 2021. Por matricula anticipada.
    • Desconto do 5% do importe da matrícula:
      • Estudantes e  egresados de ERLAC, que finalizasen os seus estudos nos 3 últimos anos.
      • Colexiados/as do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
      • Colexiados/as ICACOR (Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña).
    • 100 %  bonificable pola FUNDAE.

    Prazas: Limitadas (máximo de 30 alumnos).

    máis información

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].