Categorías:
Etiquetas:
O martes, día 28 de abril, celebrouse na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, unha xornada para ofrecer informacion aos alumnos do ultimo curso de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sobre as saídas profesionais desta titulación.
A charla foi presentada por Dª. Asunción López Herránz, Profesora de Dereito Sindical e foi impartida por Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio, D. Roberto Barros López, Vogal da Xunta de Goberno e D. Celestino Vieites Sánchez, Xerente do Colexio que expuxeron as posiblidades laborais destes estudos, así como unha breve introduccion á páxina web do Colexio, xa que, tras a última Asemblea Xeral celebrada o 25 de abril, tomouse o acordo de facilitar o acceso á páxina web do Colexio por un período de seis meses, aos estudantes do último curso de Relacións Laborais e Recursos Humanos, con permiso asimilado á colegiación na modalidade de "Non Ejerciente", previa solicitude do alumno.
[slide]
[/slide]