Xornada sobre "Reformas Urxentes do Traballo Autónomo"

    Categorías:

    Continuando co plan de formación aos colexiados e, conscientes de que a nova Lei que reforma o Traballo Autónomo, aproba desde xaneiro de 2018, unha importante batería de medidas para a evolución dos autónomos, co fin de apoiar a actividade emprendedora mellorando as condicións laborais e de seguridade social e clarificando algúns aspectos da súa fiscalidade, entre outras. Este Colexio organizou durante a tarde do 11 de xaneiro, unha xornada sobre as principais modificacións introducidas pola nova Lei 6/2017, do 24 de outubro, de reformas urxentes do traballo autónomo.

    A conferencia foi presentada por D. José Mª Santiago García, responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que tras unha breve introdución, cedeu a palabra a Dª Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña, que durante máis de dúas horas deu resposta ás cuestións expostas polos asistentes, tanto presenciais como aos que seguían a conferencia vía  streaming.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6fef5110375c4744b5b17477712c2d0d.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7fdb68a9ccf44b86a649b99864b3bafb.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d8a04728bdc54353864aeeb2c6875422.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9381581cb69b409ea0ef9321065c5e73.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5fd54509ee1f41c68b52314a0c487cb5.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5c55d972c7cb43118091fce1b592474f.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].