Categorías:
[slide]
[/slide]
Na tarde do 24 de setembro, celebrouse no Salón de Actos do Colexio e sendo retransmitida en directo, unha xornada sobre a recente entrada en vigor de novos "Procedementos de control da Incapacidade Temporal" no sistema da Seguridade Social.
A xornada foi presentada por Dª. Susana Soneira Lema e D. José María Santiago García, Presidenta e Responsable da Escola de Práctica Laboral respectivamente desta corporación, sendo impartida a mesma por D. Roberto López Vázquez, Director do Centro de Atención e Información da S.S. número 2 do INSS da Coruña, sobre a base do seguinte programa:
Procedementos de Control da I.T.
- Normativa.
- Competencias.
- Control durante os primeiros 365 días.
- Control a partir dos 365 días.
- Extinción da I.T.
Aplicación da Disposición Final 12 dá Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.
- Disposición final 12.a, Lei 27/2011.
- Disposición final 12.b, Lei 27/2011 (Xubilación e Réxime Empregadas do fogar).