Xornada sobre prestacións da Seguridade Social e xubilación

    Categorías:

    Na tarde do xoves 21 de maio, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, en colaboración con MC Mutual, celebrou unha xornada formativa centrada nas prestacións da Seguridade Social compatibles coa actividade laboral, con especial atención ás distintas modalidades de xubilación e ás obrigacións de alta e cotización.

    A xornada foi inaugurada por José Mª Santiago García, coordinador da Comisión de Formación e Cultura do Colexio, xunto con Ángel Barahona García, director adxunto de MC Mutual Galicia Norte, quen deu a benvida ás persoas asistentes e puxeron en valor a importancia deste tipo de accións formativas.

    A sesión contou co relatorio de Antonio Benavides Vico, avogado, graduado social e ex inspector de Traballo e Seguridade Social, quen ofreceu unha visión práctica e actualizada do marco normativo vixente, abordando as principais cuestións de interese para os profesionais do ámbito laboral.

    Durante o desenvolvemento da xornada produciuse un interesante intercambio de impresións entre o relator e os asistentes, a través da quenda de rogos e preguntas, o que permitiu profundar nos aspectos máis relevantes da materia.

    A xornada foi clausurada por José Lage Cerviño, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e por Luis Grien Díaz, director de MC Mutual Galicia Norte, quen destacou a importancia da formación continua para o desenvolvemento profesional.

    A actividade puido seguirse tanto de forma presencial na sede colexial como en formato en liña, o que espertou un notable interese entre o colectivo profesional.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0ef2cf2baee949a99f5e7395f08ea86a.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ce7fd021a74a4add869a91f7f9592213.png[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].