Categorías:
Na tarde do 05 de marzo, celebrouse unha nova xornada incluída na VI Edición do Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional #ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social.
A charla foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta corporación e D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º e Vicesecretario do Colexio.
Nesta ocasión contamos coa presenza da Ilma. Sra. Dª Patricia López Arranz, Maxistrada-Xuíza do Xulgado do Social núm. 6 da Coruña, que disertou sobre “Os medios de proba e a súa práctica, as conclusións, o procedemento e o de impugnación de actos da Administración e reclamación de horas extras”.
