Categorías:
Onte, día 14 de decembro, e en colaboración con Amtega (Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia) celebrouse no Salón de Actos unha xornada para explicar o funcionamento da Plataforma Lexnet, que foi seguida por numerosos colexiados.
A xornada foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio e D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral que cederon a quenda de palabra a Dª Mª José Gil Taboada, Secretaria Coordinadora Provincial de Xustiza na Coruña. Tras estas intervencións, iniciaron as explicacións D. Daniel Torrado e Dª Marisol Lorenzo, ambos os membros do equipo técnico de Amtega, que explicaron o funcionamento da plataforma e responderon as numerosas preguntas do publico asistente.
[slide]
[/slide]