Xornada sobre "As novidades normativas: Real Decreto Lei"

    Categorías:

    Dando inicio ás actividades formativas organizadas polo Colexio este 2019, en colaboración coa Mutua Umivale, durante a tarde do día 12 de setembro, celebrouse no Salón de Actos do Colexio unha xornada informativa sobre "As novidades normativas: Real Decreto Lei". Nesta ocasión contamos con Dª Catarina Capeans Amenedo, Socia e avogada de Vento Avogados e Asesores que desenvolveu o conxunto de medidas que afectan á Seguridade Social, a determinación das bases de cotización, a nova regulación do ámbito de cobertura no RETA ou as modificacións no sistema de sancións e infraccións, entre outras.

    O acto foi presentado por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio, D. José Luis Sánchez Gogliormella, Director Territorial da Mutua Umivale para A Coruña e D. José María Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5ee8fee1f4e04d7abf6234c8cccd018f.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=eae4906f257c49a4b6756809487e309c.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a9895e47e76844dd82d5516fb69db301.JPG[/slide]

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.