Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 2 de marzo, a Escola de Práctica Laboral desta Corporación celebrou unha Xornada sobre a nova Reforma Laboral, na que tivemos o pracer de contar coa Directora Xeral de Traballo, Verónica Martínez Barbeiro para o relatorio.
O acto estivo presentado por Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio e por Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica.
Durante o transcurso da xornada, Verónica Martínez expuxo as novidades normativas e as implicacións prácticas desta reforma, e resolveu as dúbidas sobre convenios colectivos de aplicacion e subcontratación que expuxeron os numerosos asistentes, tanto de forma presencial como a traves de videoconferencia.
[slide]

[/slide]