Categorías:
Ante a entrada en vigor o próximo 1 de xaneiro da nova Reforma Fiscal, o Colexio, en colaboración con Ricardo Palleiro Asesores & Auditores, organizou na tarde do día 11 de decembro, unha xornada informativa sobre "A Reforma Fiscal e as decisións a tomar antes do 1 de xaneiro".
Inaugurou o acto D. Jose Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que despois dunha breve presentación, cedeu a palabra a D.Ricardo Palleiro Barbeito, Asesor Fiscal, Auditor e Profesor Asociado da Universidade da Coruña, que desenvolveu o programa previsto e resolveu as dúbidas dos numerosos asistentes, tanto presenciais, como daqueles que seguiron a conferencia via ONLINE:
Programa:
- Comentario dos cambios máis importantes nos principais impostos.
- Análise das consecuencias de cada cambio por tipo de contribuíntes (investidores, empregados e empresarios).
- Repaso doutras cuestións fiscais de actualidade.