Xornada sobre "Extinción por falta de pagamento de salarios"

    Categorías:

    O día 24 de novembro celebrouse unha nova xornada incluída na IV Edición do Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social.

    A charla foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta corporación e D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral.

    Nesta ocasión contamos coa presenza do Ilmo. Sr. D. Carlos Villarino Moure, Maxistrado Xuíz da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que disertou sobre a extinción por falta de pagamento de salarios, extinción individual por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción e por despedimento disciplinario.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bd18ab10fe2e4d40a01e0a763664fc88.JPG

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.