Categorías:
Continuando co plan de formación aos colexiados e, conscientes de que a próxima entrada en vigor do novo Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 (Regulamento Xeral de Protección de Datos), vai supoñer un importante cambio no panorama da protección de datos nas empresas; este Colexio, mediante a súa Escola de Práctica Laboral e en colaboración coa Consultoría de Xestión Empresarial “Prodasva”, organizou durante a tarde do 10 de maio, unha xornada sobre “O Regulamento Xeral de Protección de Datos”.
A conferencia foi presentada por D. José Mª Santiago García, responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que tras unha breve introdución, cedeu a palabra a D. Miguel Ferrero Sopeña, Consultor Senior de Prodasva Consultoría e Xestión, que durante máis de dúas horas deu resposta ás cuestións expostas polos numerosos asistentes, tanto presenciais como aos que seguían a conferencia vía streaming.
[slide]
[/slide]