Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 26 de outubro, celebrouse en Salón de Graos da Facultade de Dereito de Ourense no campus As Lagoas, a segunda xornada sobre "O rexistro e control horario na xornada de traballo", que foi organizada conxuntamente por este Colexio Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais.
A xornada foi presentada por Dª Marisa Peña Cebreiro, Secretaria xeral do Consello Galego de Relacións Laborais e Dª Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio, que tras dar a benvida, deron paso aos relatores, que foron:
- D. Pedro F. Rabanal Carbajo, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 4 de Ourense
- Representantes da CIG, SN de CCOO de Galicia, UXT Galicia e CEG.
- D. Benigno Sánchez García, Inspector de Traballo e Seguridade Social da Coruña
Contamos tamén nesta ocasión con Dª Marta Fernández Prieto. Decana da Facultade de Dereito de Ourense, que tamén dirixiu unhas cálidas palabras aos asistentes.
[slide]




[/slide]