Categorías:
O día 2 de decembro, celebrouse no Salón de Actos do Colexio, unha xornada sobre "O Réxime Especial do Mar". O acto foi presentado por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta e o responsable da Escola de Práctica Laboral, D. José Mª Santiago García, que deron a benvida aos asistentes, asi como a Dª Mª Carmen Barreiras Díaz, Directora Provincial do Instituto Social da Mariña e D. Francisco José Barreiro Enríquez, Subdirector Provincial do Instituto Social da Mariña na Coruña, que explicou os aspectos mais importantes do devandito Réxime en base ao seguinte programa:
1. Introdución: formulación xeral da súa existencia.
2. Antecedentes.
3. Fontes Xurídicas:
a) Entrada en vigor.
b) A nova Lei 47/2015, do 21 de outubro (BOE do día 22), reguladora da protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro.
4. Campo Subxectivo.
5. Constitución da relación xurídica de protección pública: actos de inscrición empresarial e afiliación-altas-baixas-variacións de traballadores.
6. Cotización.
7. Recadación.
8. Acción Protectora:
a) Consideracións xerais.
b) Particularidades das prestacións do réxime especial.
c) Protección específica dos traballadores do mar.
9. Xestión e Financiamento: o Instituto Social da Mariña. O Fondo Social Europeo.
10. Fontes e bibliografía.
11. Cuestións prácticas a expor polos asistentes.
[slide]

[/slide]