Categorías:
Este Colexio Profesional en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, ofreceu na mañá do 08 de outubro, unha webinar gratuíta para os colexiados sobre a “Real Decreto-lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego”.
A xornada en formato online, contou coas disertacións de Dª Elena Mancha Montero de Espinosa e Dª María Coutinho Villanueva, Directora e Subdirectora Xeral, respectivamente, de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Estiveron presentes Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio e D. Ricardo Gabaldón Gabaldón, Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, que se encargaron da presentación da xornada e de dar a benvida aos participantes. Tamén contamos coa presenza de D. Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que exerceu de moderador.
A webinar resultou un éxito rotundo, tanto polo volume de participantes, como pola calidade das relatoras e os contidos tratados.
[slide]

[/slide]