Xornada sobre "O Imposto sobre Sucesións"

    Categorías:
    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=590cf1ad90c84a01b052c7499caecdbe.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9a0ce9923b29443db98ae11ad3ae9f9d.jpg

    Seguindo coa programación da Escola de Práctica Laboral, celebrouse o día 26 de marzo e en colaboración co Banco Santander, a segunda das conferencias sobre o "Imposto de Sucesións"

    A xornada foi presentada pola Presidenta do Colexio, Dª. Susana Soneira Lema e por D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral desta Corporación, que despois dunha breve introdución cedeu a palabra ao relator D. Carlos Rodríguez Sánchez, Adxunto ao Delegado da Axencia Tributaria na Coruña e Inspector Financeiro e Tributario da Axencia Tributaria de Galicia que, durante as catro horas que duro o acto, desenvolveu o seguinte programa:

    1.- Caudal Hereditario e Base Impoñible.

    • Caudal hereditario: compoñentes.
    • Base impoñible: compoñentes.
    • Imposto sobre doazóns: diferenzas máis relevantes.

    2.- Reducións na Base Impoñible.

    • Reducións aplicables de oficio: características e principais reducións.
    • Reducións non aplicables de oficio: características e principais reducións.

    3.- Base liquidable Real e Teórica: determinación da cota a ingresar.

    • Desmembración do dominio.
    • Doazóns acumulables.
    • Pactos sucesorios.

    4.- Deducións na cota.

    5.- Comprobación de valor e Taxación pericial contraditoria.

    6.- Pactos sucesorios e Impostos sobre Sucesións.

    • Concepto.
    • Aspectos fiscais máis relevantes.
    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].