Categorías:
Despois do período estival, a nosa Escola de Práctica Laboral, renovou a súa actividade coa celebración na tarde do 23 de setembro, dunha xornada sobre "O imposto sobre Sucesións e Doazóns”, á que asistiron numerosos colexiados, tanto presencialmente como vía streaming.
A charla foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, e moderada por Dª Lucia Sanjurjo López, Vocal Exercente da Xunta de Goberno do Colexio, que tras unha breve introdución, cedeu a palabra a Dª Regina Losada Trabada, Delegada da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña, e responsable de explicar as novidades na normativa autonómica deste imposto.
[slide]
[/slide]