Categorías:
Etiquetas:
Dando comezo ás actividades formativas deste ano 2020, celebrouse o pasado día 18 de febreiro no Salón de Actos do Colexio, unha xornada sobre “O peche do exercicio 2019. Cuestións Contables e Tributarias na Peme”.
A xornada foi presentada por D. Celestino Vieites Sánchez, Xerente do Colexio, que tras dar a benvida aos asistentes, cedeu a palabra a D. Ricardo Palleiro Barbeito, Asesor Fiscal, Auditor e Profesor Asociado da Universidade da Coruña, que foi o responsable de impartir o curso e contestar todas as consultas expostas tanto polos asistentes presenciais, como por aqueles que seguiron a retransmisión por streaming.
