Xornada sobre "Campaña 2018. Actuación inspectora e impulso ao emprego xuvenil"

    Categorías:

    Na tarde do día 18 de xuño, celebrouse no Salón de Actos do Colexio e en colaboración co Grupo  Isonor, unha conferencia sobre a "Campaña 2018. Actuación inspectora e boas prácticas da formación. Impulso ao emprego xuvenil”.

    Durante máis de tres horas, analizáronse as principais novidades introducidas no funcionamento da Inspección de Traballo, as "boas prácticas” no sistema de formación para o emprego, referencias ao contrato de formación e aprendizaxe, a axuda económica de garantía Xuvenil e a actuación conxunta da Inspección e o  SEPE. Foron os encargados dos relatorios Dª Teresa Díaz López, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Dirección Territorial da Inspección da Coruña; Dª María Jesús Galego González, Instrutora de formación do Servizo Público de Emprego Estatal e D. Fernando López  Gomez, Técnico superior de formación do Servizo Público de Emprego Estatal.

    A xornada foi presentada por D. José Ramón Lage Cerviño, Vicesecretario desta Corporación, contando tamén coa presenza de D. Jorge González Cuenca, Director Xeral do Grupo  Isonor e  D. José Ramón Castelo González, Delegado do mesmo.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=90eac48151a0456c9efd66ba97cf6c82.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e7e288fdf20a47a586c2495d904b17f3.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1c718987f76744f6b83add74cc2d6f8e.JPG[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.