Xornada sobre "Asistencia Internacional en Accidente de Traballo" (FREMAP)

    Categorías:

    O pasado día 16 de marzo, o Colexio coa participación de FREMAP celebrou unha xornada a distancia con soporte na plataforma de Google (Google Meet) sobre a Asistencia internacional en accidente de traballo: repatriación sanitaria no estranxeiro.

    A xornada foi presentada por Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio Oficial de GS da Coruña e Ourense, Guillermo Hermida Grandío, Coordinador da Escola de Práctica Laboral do Colexio de GS da Coruña e Ourense e Carlos Chairos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia.

    A continuación os relatores iniciaron a exposición para os colexiados rexistrados nesta interesante xornada; para iso contamos con María Dolores da Cruz Castro, Responsable de Asistencia Internacional de FREMAP e Daniel Álvarez Martínez, Xestor e Formador de FREMAP.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=035dd71519db4f109551cfac13393b8f.png[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.