Xornada sobre "Arrendamentos urbanos"

    Categorías:

    Seguindo coa programación da Escola de Práctica Laboral, en la tarde del 01 de xullo celebrouse no Salón de Actos do Colexio, unha xornada sobre os "Arrendamentos urbanos".

    A xornada foi presentada pola Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema e por D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral desta Corporación, que logo dunha breve introdución cedeu a palabra á ponente Dª Nerea Rebolledo Torréns, Licenciada en Dereito e Experta en Dereito de Sucesións pola Universidade de Santiago de Compostela e Asociada Senior do Departamento de Dereito Mercantil en Garrigues, que desenvolveu o seguinte programa:

    • O arrendamento en xeral. Concepto e clases. Que son os Arrendamentos Urbanos?
    • Tipos de Arrendamentos Urbanos. Lexislación aplicable.
    • O arrendamento "de vivenda":
      1. Cuestións xerais.
      2. Duración do contrato.
      3. A renda e cantidades asimiladas.
      4. Obrigacións de cada unha das partes.
      5. Dereitos de adquisición preferente.
      6. Terminación do contrato: extinción e resolución.
    • O arrendamento "para uso distinto do de vivenda":
      1. Cuestións xerais.
      2. Enajenación do inmueble.
      3. Cesión do contrato e subarrendo.
      4. Indemnización por finalización do contrato.
    • A fianza e o seu depósito.
    • Procesos arrendaticios. A enervación do desahucio.
    • A terminación dos contratos de arrendamento de renda antiga: ¿que ocorreu realmente o 1 de xaneiro de 2015?

    Horas antes a nosa Presidenta D ª Susana Soneira Lema, acudiu ao programa "Voces de Galicia" nos estudos de Raio Voz na Coruña, onde realizou unha análise e reflexión sobre os "Arrendamentos Urbanos".

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.