Xornada Saídas Profesionais e entrega premio Mellor Expediente Facultade Ferrol

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 23 de abril, celebrouse na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, a charla sobre as saídas profesionais da titulación de Graduado Social.

    Foi impartida pola Presidenta desta Corporación, Dª Susana Soneira Lema en compañía do Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, D. José Luis López Fernández; asistiron tamén D. Roberto Barros López, Vogal Exercente da Xunta de Goberno e Delegado do Colexio en Ferrol, e D. Manuel Vázquez Regueira, Vogal Exercente da Xunta de Goberno.

    Durante este acto, tamén se fixo entrega do premio ao mellor expediente académico no curso 2017-2018 nos estudos de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, que nesta ocasión recaeu na alumna Dª Carla Gómez Castro.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9b7ae8d1e45449a59fdbcffc2fda86bd.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=16cab412cfde415ba26402c2b110efe7.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].