Xornada práctica sobre a xestión de ERTES (ETOP e forza maior)

    Categorías:

    A Coruña, 16 de xuño de 2026. O Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou na súa sede a xornada formativa “ERTE ETOP e ERTE por forza maior, suspensión, redución de xornada e extinción de contratos”, unha sesión de carácter práctico centrada na correcta tramitación destas medidas laborais en situacións de crise empresarial ou global.

    A apertura da xornada contou coa asistencia do noso presidente, José Lage Cerviño, e de José María Santiago García, coordinador da Comisión de Formación e Cultura do Colexio, quen destacou a importancia da formación continua nun ámbito de constante actualización normativa.

    A sesión foi impartida por María José Marqués, xefa de Sección UE, ES e Responsabilidade Empresarial da Subdirección Provincial de Prestacións do SEPE, e María Encina Santamarina, xefa da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña. Ambas as abordaron o procedemento completo dos ERTES, con especial atención á resolución de incidencias e a optimización da súa tramitación.

    Case un centenar de asistentes, entre modalidade presencial e en liña, seguiron a xornada, na que se revisaron de forma práctica os principais aspectos do procedemento e resolvéronse as dúbidas máis frecuentes expostas polos participantes.

    Ademais, o medio dixital 21noticias fíxose eco desta acción formativa, destacando a relevancia dos ERTES como figura laboral esencial en contextos de crises empresariais ou globais.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e9a19c5ca9ad40948cb68a05a61cf4ba.JPG

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.