Categorías:
Durante a tarde do día 13 de novembro de 2019, celebrouse no Salón de Actos do Colexio e en colaboración coa compañía Wolters Kluwer, unha conferencia sobre o “Plan de acción para un Despacho Innovador”.
A charla estivo presidida por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e D. Rafael Laclaustra Vacas, Key Account de Wolters Kluwer, que aproveitou para facer unha pequena introdución da nova xeración de solucións na nube “A3Innuva–Contabilidad”.
Acto despois, tomou a palabra o relator D. Antonio Izquierdo Paterna, que durante case dúas horas, explicou aos numerosos asistentes (presenciais e por streaming), as principais novidades no ámbito da innovación, a transformación dixital e a adaptación dos despachos profesionais.
Para finalizar, Dª Elia Urgell Rise, Product Manager de Wolters Kluwer, fixo unha proba en directo do novo produto A3Innuva.
[slide]

[/slide]