Xornada: Novo rexime fiscal das Sociedades Civís

    Categorías:

    Continuando o seu plan de formación aos colexiados e, consciente da gran preocupación que supón na nosa actividade diaria os cambios producidos na lexislación fiscal, este Colexio organizou, o pasado día 3 de febreiro, unha xornada na que se trataron os puntos mais controvertidos sobre o novo réxime fiscal das Sociedades Civís.

    A presentacion foi realizada por Dª Susana Soneira Lema e por Dª Lucía Sanjurjo López, Presidenta e Tesoureira respectivamente, desta Corporacion que deron paso ao relator D. Jaime Pena Arias, Responsable da UAIC e da Sección de Información da Delegación da AEAT na Coruña. 

    A xornada, á que asistiron numerosos colexiados, tambien foi retransmitida en directo a través da nosa páxina web para aqueles que se anotaron nesta modalidade.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=63924fe3e73f45d1911498f3bb137181.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2ad9d528081c417fad4febe219f3d79d.jpg[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.