Xornada sobre: "Os Medios de Proba e a súa Práctica"

    Categorías:

    ¿QUE É AERELABO?

    AERELABO é a asociación de ámbito nacional formada polas distintas Delegacións de Estudantes dos centros que imparten o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e as súas variantes; así tamén forman parte dela os estudantes e  egresados dos plans antigos de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo.

    Contamos con máis de 20 anos de experiencia como Asociación Estatal, aglutinando a gran parte de facultades e escolas de España, mantendo contacto directo co Ministerio de Educación e Formación Profesional, o Consello Xeral de Colexios de Graduados Sociais de España e a Asociación de Centros de Relacións Laborais e Recursos Humanos (ARELCIT).

    AERELABO ademais tamén participa doutras macro estruturas de representación estudantil, como o Foro  Intersectorial de Representantes Universitarios (FIRU) ou a Coordinadora de Representantes de Universidades Públicas (CREUP) da que é membro asociado e está integrado no seu comité de asuntos sectoriais.

    CONGRESOS AERELABO

    El Congreso Estatal de Estudiantes y Egresados de Relaciones Laborales, Recursos Humanos y Graduados Sociales, es una forma de encuentro de los estudiantes y egresados que estudian o han estudiado la titulación a las que representamos. Este encuentro sirve para dar a conocer y debatir todos aquellos temas relacionados con los distintos campos de las Relaciones Laborales y los Recursos Humanos, actualizando así nuestros conocimientos.

    Ademais, este evento permite crear unha rede entre actuais estudantes e futuros profesionais das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

    ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

    Durante a celebración deste LX Congreso terá lugar a celebración da Asemblea Xeral, máximo órgano de decisión da Asociación, coa elección da nova xunta directiva e as universidades que serán sede do LXI e LXII Congreso  AERELABO, ademais das diferentes actividades realizadas pola asociación como o Convenio co Consello Xeral de Graduados Sociais, a incorporación no Foro  Intersectorial de Representantes universitarios, a participación no I Congreso Internacional sobre o Traballo e outros temas de gran relevancia para o estudantado do noso grao.

    O noso LX Congreso terá lugar na cidade da Coruña, apoiado pola Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos da Coruña, Fundación ERLAC. Este Congreso comezará o mércores 25 de marzo e finalizará o sábado 28 de marzo de 2020 baixo o lema “As novas tecnoloxías no mercado laboral”.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7079f1f1c3f04563ab6b5b54bb2fa751.JPG

    máis información

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].