Xornada formativa sobre Estranxeiría

    Categorías:

    Seguindo co plan formativo da nosa Escola de Práctica Laboral, na tarde do 24 de maio, celebrouse unha xornada sobre "Estranxeiría”, onde se trataron os seguintes temas: 

    • Dereitos e deberes dos estranxeiros en España. Breve referencia e marco normativo.
    • A contratación de traballadores estranxeiros. Diferenzas entre réxime xeral e réxime comunitario.
    • A contratación en orixe e a realización de ofertas laborais a estranxeiros en situación irregular.
    • A situación nacional de emprego e a Xestión de oferta de emprego ante servizo público de emprego.
    • A formalización de solicitudes de estranxeiría. Lugares de presentación de solicitudes. Administración electrónica.
    • Documentación de cidadáns estranxeiros. Identificación dos mesmos con vistas á contratación laboral.
    • Contratación de persoal altamente cualificado ou dirixido a colectivos estratéxicos.

    A xornada estivo presentada pola Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema e moderada por D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral, que tras unha breve introdución deu paso ao relator D. Julio Alberto Simón Blanco, Xefe da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno na Coruña, que durante máis de tres horas, respondeu ás numerosas cuestións expostas polos asistentes, tanto presenciais como aos que seguían a conferencia vía  streaming.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6af80e1bcfce40828e0262d0f6fa6ddc.JPG

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].