Xornada formativa sobre o cesamento de actividade dos autónomos

    Categorías:

    Na mañá do 21 de maio, e en formato en liña, celebrouse unha sesión formativa centrada no cesamento de actividade dos autónomos. A xornada foi presentada por José Lage Cerviño, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e por Carlos Llanos Santos, director rexional de FREMAP en Galicia. Actuou como moderadora María José Dobarro Otero, xestora e formadora de FREMAP.

    A continuación, David García e Julia Martínez, técnicos especialistas da área de Cesamento de Actividade de FREMAP, impartiron o relatorio na que se abordou, de forma xeral, a prestación por cesamento de actividade, explicando os requisitos necesarios para acceder a ela, os distintos supostos que permiten a súa solicitude e os casos prácticos máis habituais que se presentan no exercicio profesional.

    Así mesmo, os relatores analizaron diversos aspectos prácticos relacionados con esta prestación, entre eles a contía e o seu cálculo, a duración máxima da prestación e outras cuestións de interese para os profesionais asistentes.

    A actividade contou cunha salientable participación e permitiu profundar nunha materia de especial relevancia para o asesoramento e a protección social do colectivo autónomo.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a62e22959d1744c999dcb35263eeaeda.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].