Categorías:
Este Colexio Profesional, a través da súa Escola de Práctica Laboral, organizou o día 06 de xullo do 2021, unha webinar centrada na problemática para a volta á normalidade de fronte ao próximo 30 de setembro, data na que finalizan os ERTEs, como medida de protección social e do emprego disposta para afrontar a crise do COVID.
A xornada que se desenvolveu en horario de tarde, foi presentada e moderada por Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, e impartida por Javier Fernández Travieso, Inspector de Traballo da Coruña.
