Xornada formativa con FREMAP sobre Mutuas e Seguridade Social

    Categorías:

    O 18 de novembro de 2025 celebrouse unha xornada formativa organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense en colaboración con FREMAP, centrada en “a colaboración das Mutuas coa Seguridade Social”.

    O encontro, realizado en formato webinar, foi inaugurado por José María Santiago García, Coordinador da Comisión de Formación do Colexio, quen ofreceu unha breve introdución antes de ceder a palabra a José Lage Cerviño, presidente do Colexio, e a Carlos Llanos Santos, director rexional de FREMAP en Galicia. Tras un cordial intercambio de agradecementos, deron paso aos relatores da xornada.

    Belén Estévez Costas, directora de FREMAP na Coruña, e Daniel Álvarez Martínez, director en Santiago, explicaron o papel das Mutuas na xestión de prestacións por accidentes laborais, enfermidades profesionais, embarazo, coidado de menores e outras situacións protexidas, así como axudas especiais e novidades normativas.

    Más de medio centenar de graduados sociais participaron na xornada, que pecha un ano de colaboración formativa e reforza o compromiso de ambas as entidades coa actualización profesional.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f8a39abe1c66474ba391b465f995482a.png

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.